Tuesday 14 de May de 2024

Benestar Social reparte cada día 250 menús do programa de Comedores sociais desde que se iniciou o estado de alarma


 

Un total de 508 persoas usuarias están dadas de alta no servizo de Comida a domicilio
A Concellería de Benestar Social e Igualdade
reparte cada día desde que comezou o estado de alarma 250 menús nos
comedores de Monte Alto e Novoboandanza dentro do programa Comedores
sociais. Os comedores, explican, non están abertos para comer alí, pero sérvese a
comida para que as persoas usuarias poidan levala para os seus domicilios. No
caso de que non poidan abandonar as súas casas, voluntariado do concello e de
Protección Civil achéganllela aos seus fogares. O horario de recollida é de 13.00 a
1.:00 horas no centro de Montealto, e de 12.00 a 14.00 horas, en Novoboandanza.

As e os responsables municipais habilitaron tamén o comedor de Monte Alto para
que as persoas usuarias do servizo Talón Restaurante que non teñan un
establecemento próximo ás súas casas poidan recoller alí a súa comida. Das 718
persoas usuarias, cada día repártenselles menús a 212 usuarias/os.
Canto ao servizo de Comida a domicilio, na actualidade hai 508 persoas usuarias,
51 déronse de alta con urxencia cando se decretou o estado de alarma.

Desde o comezo da crise sanitaria, o concello reforzou todos os seus programas
sociais co obxectivo de lles dar unha resposta inmediata ás necesidades das
veciñas e dos veciños que estean nunha situación de vulnerabilidade.